CRTVG

Buscar

Alalá

Orquestra Tombalobos

01/06/2011 22:05 h

A Tombalobos Orquestra é un grupo de 15 amigos da Coruña moi diferentes entre si. Excepto a música non teñen nada que ver uns e outros: Hai mestres de ensino, poetas, mestres de autoescola, funcionarios e militares… Desta curiosa mezcla sae un grupo que canta repertorio tradicional e de nova composición.

Preocupados pola cultura e apegados á súa querida cidade da Coruña. Son xente aberta, animada, e cantan e bailan sen complexos. No tempo no que o equipo do Alalá estivo gravando coa Tombalobos Orquestra fixeron unha festa nunha taberna da Coruña, outra na casa dun dos membros fundadores en Zorrizo e montaron unha tremenda nunha cervexería de Culleredo. Non son músicos profesionais. Non viven da música e o que realmente lles gusta é estar en contacto coa xente e contaxiar o seu amor pola música.

Así, entre festas, reunións e paparotas de amigos foron perfeccionando un repertorio que deu como froito o seu primeiro cedé, un traballo coa esencia festeira do grupo que esta noite poderemos disfrutar no Alalá cos amigos Tombalobos e o seu lema vital: Sempre de festa coa Tombalobos Orquestra.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: