CRTVG

Buscar

Latexos da cidade

Os xulgados de Vigo, o casco vello de Lugo, a policía local de Ourense e o 061 de Pontevedra

17/07/2019 22:00 h

Latexos da Cidade mide o pulso das cidades galegas. Neste capítulo visitamos a primeira hora o Xulgado do Social nº2 de Vigo, onde asistiremos a varios xuízos e coñeceremos o funcionamento da xustiza viguesa. Despois, para repoñer forzas, que mellor que unha boa tapa no casco vello de Lugo, da man da Taberna Daniel. Xa xantados, achegarémonos a Ourense para acompañar ao equipo da Policía Local no seu traballo diario, con accidente incluído. E xa de tarde nos diriximos a Pontevedra, onde o equipo do 061 está sempre listo para saír correndo, pero con xeito, a velar pola saúde dos seus cidadáns.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: