CRTVG

Buscar

Momentos G

Máis preto da identificar os cadáveres da guerra civil exhumados en Santa Mariña de Lagostelle, Guitiriz

31/07/2019 10:54 h

Tras 8 anos de investigacións, financiadas con doazóns, voluntarios de toda España e Europa colaboraron este xullo coa asociación ARDF Desaparecidos para localizar e abrir foxas comúns en Galicia.

En Guitiriz localizaron 8 cadáveres, moi deteriorados, cos que deberán facer probas xenéticas para poñerlles nome tras 80 anos dados por desaparecidos. O último, ata o de agora, é o dunha mestra, Mercedes Romero Abella, exhumada o ano pasado.

Localizan e exhuman 8 desaparecidos da guerra civil en Santa Mariña de Lagostelle, Guitiriz.
Falan Begoña Hermida, arqueóloga directora da ARDF Desaparecidos, e Santiago Carcas, presidente da ARDF Desaparecidos.

As novas tecnoloxías e as doazóns de particulares permiten o traballo da ARDF Desaparecidos.
O equipo de arqueólogos e antropólogos voluntarios veñen de París, Granada, Valencia, Teruel, Barcelona e Ferrol.

Os aquí enterrados non eran veciños da zona, proviñan da Coruña e arredores. Unha vez exhumados, fánselles probas de ADN e un estudo antropolóxico para identificalos e devolverllos ás familias.

Falan Begoña Hermida, arqueóloga directora da ARDF Desaparecidos, Santiago Carcas, presidente da ARDF Desaparecidos e Xosé Martínez, veciño que axudou a localizar a foxa.

 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: