CRTVG

Buscar

Larpeiros diplomados

Con María Luísa, de Maside, e Juan Manuel, do Carballiño

24/09/2019 23:30 h

Adrián escapa da casa dos Larpeiros para coñecer moitos lambonciños e lambonciñas que cociñan nas súas casas e gozan arredor da mesa invitando amigos e familiares. Ademais, coñecerá aspirantes que queren formar parte do club dos Larpeiros diplomados, e que terán que demostrar as súas habelencias e simpatía na cociña para gañar o diploma.

Na nosa visita á comarca do Carballiño, coñeceremos a María Luisa, unha larpeira diplomada que abre as portas da súa cociña para preparar, coa inestimable axuda de Adrián Díaz, uns papos de porco en salsa de cogomelos silvestres. O aspirante será Juan Manuel, quen promete remover paixóns con tal de conseguir o diploma pero, coma sempre, Adrián non llo ha poñer fácil. Ademais dos callos da tía Visita, terá que superar a proba. Cal será? Terá o aspirante o que hai que ter para entrar no club dos Larpeiros diplomados? Veremos...

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: