CRTVG

Buscar

Á carta

  • Roi Casal

    Roi Casal

    Roi Casal está a presentar o seu segundo disco en solitario: Máxicamente vello. A súa música soa ás veces tradicional, outras moi pop ou moi roqueira. Unha mestura que a Roi saelle de xeito natural. Tiña que ser así á forza, porque é fillo de Nando Casal, o gaiteiro de Milladoiro, e medrou rodeado dos discos de seu pai e de tódalas outras músicas que ía descubrindo por si mesmo

  • Gervasio Salgueiro

    Gervasio Salgueiro

    Esta historia ten un nome, e a historia de Gervasio vai recordar este e moitos outros capítulos da súa vida. Con estas ansias foi aprender as primeiras nocións musicais para o que tiña que andar cinco quilómetros e atravesar a Ponte Vea. E así empezou a revolución no concello de Teo. Primeiro empezou a tocar na Música de Vea, a 1ª banda da súa vida e logo fundou unha propia: a Banda Artística de Vilariño; nesta banda tocaba

  • Tino Baz
  • Orquestra Tombalobos

    Orquestra Tombalobos

    A Tombalobos Orquestra é un grupo de 15 amigos da Coruña moi diferentes entre si. Excepto a música non teñen nada que ver uns e outros: Hai mestres de ensino, poetas, mestres de autoescola, funcionarios e militares… Desta curiosa mezcla sae un grupo que canta repertorio tradicional e de nova composición

  • BellónMaceiras

    BellónMaceiras

    Dani Bellón é o gaiteiro máis premiado da historia de Galicia. Dende que era un neno gañou 35 premios como gaiteiro intérprete e compositor, entre os que destaca o premio McAllan que gañou no Festival Intercéltico de Lorient en Francia. Diego Maceiras, ademáis de facer carreira no Conservatorio de Oviedo, leva co acordeón enriba dende os 11 e formándose cos mellores acordeonistas de Galicia

  • Treixadura

    Treixadura

    Treixadura cumpre vinte anos de historia e completa a muiñada. Pecha co novo disco o ciclo de catro que dedicou a cada un dos versos da copla “Unha noite no muíño, unha noite non é nada, unha semaniña enteira, esa si que é muiñada”. E neste último traballo, “Esa si que é muiñada”, teñen especial presencia as voces do orfeón, que forma parte xa de pleno dereito de Treixadura.

  • Entroido Castro de Laza
  • Francisco Carballido

    Francisco Carballido

    Coñecemos a Francisco Carballido, un dos últimos tocadores de trompa da Fonsagrada