Á carta
-
Capítulo 9: Baixo o mismo teito
Despois de intentar unir os clans da Sardiñeira, Carmelo centra agora a súa atención nunha nova descarga: O Cartagena, un mercante que leva a bordo 3.500 quilos de cocaína, está en camiño. As constantes presións de Adriana e a débeda que teñen cos colombianos obrigaraos a traballar de balde.
-
Capítulo 8: Indecisión
Á presión continua dos colombianos, que non lle perdoan a Carmelo os erros que cometeu e que desembocaron na incautación da droga por parte da policía, engádese agora unha nova preocupación: Pincho informa o xefe dos Matalobos de que na radio acaban de dar conta dunha nova operación contra o narcotráfico na zona
-
Capítulo 7: Retribución
Tras o intento falido de sacar a Arturo Campos do cárcere, o cerco da Garda Civil péchase aínda máis sobre o clan dos Matalobos. Carmelo está a perder poder fronte aos colombianos. O resultado da operación Canario foi un erro imperdoable
-
Capítulo 6: O Canario
Dúas cousas parecen quitarlle o sono a Carmelo Matalobos: a investigación sobre o asasinato de Veloso e o encarceramento do seu avogado, Arturo Campos. Un golpe de sorte é o que necesita o xefe dos Matalobos para acabar coas súas preocupacións
-
Capítulo 5: Irmán meu
A detención de Campos alcanza unha dimensión pública, a xuíza Olaia Mosteiro é asediada polos xornalistas, interesados polo estraño asasinato de Veloso e polo proceso de Arturo Campos
-
Capítulo 4: Dentro
A detención do avogado Arturo Campos e o seu ingreso na cadea estase a converter nun auténtico quebracabezas para Carmelo
-
Capítulo 3: Pecados
Carmelo ten que asegurarse de que o home que máis sabe dos seus negocios non o traizoe. E no medio de todo, Sara, unha filla que non é quen de entender os pecados do seu pai
-
Capítulo 2: O negocio familiar
Atopar un sitio no que ocultar a droga da descarga estalle traendo máis problemas dos que esperaba ao avogado dos Matalobos. Arturo Campos leva toda a vida traballando para a familia, sempre intentando non ensuciarse. Pero, os métodos de Carmelo non son os do seu pai e, talvez chegou o momento de que se involucre máis do que lle gustaría