Á carta
-
Capítulo 17: Asuntos internos
As sospeitas crecen ao redor de Rafael, o seu comportamento no xulgado foi denunciado por un compañeiro. Unha inminente investigación interna podería acabar co informador máis valioso de Carmelo Matalobos. As cousas para o clan de Sardiñeira ponse cada día máis difíciles.
-
Capítulo 16: Sacrificios
Carmelo demostra que non lle faltan recursos amosando que os pode atopar onde ninguén sospeitaría... pois agora tamén o sarxento Rafael resultou ser un asalariado seu.
-
Capítulo 15: E máis nada que a verdade
Bárbara vai ir declarar no caso contra Arturo Campos, o avogado culto e afable a quen lle gustan o poder e a posición que dan os cartos
-
Capítulo 14: Guerra aberta
Marcos e os seus homes buscan o sicario nas rúas de Sardiñeira antes de que as tensións entre Matalobos e os colombianos acaben nun regueiro de sangue. Desde o cuartel tratarán de evitar, custe o que custe, o estalido dunha guerra aberta, pero Marcos Matalobos parece estar perdendo a confianza dos seus compañeiros. A xuíza Olaia Mosteiro esixe coñecer a identidade do seu confidente.
-
Capítulo 13: O home que veu de Colombia
Carmelo, nunha situación na que cada vez está máis acurralado, tenta pensar en novos movementos para acometer sobre o taboleiro; por un lado, a banda dos colombianos que desexa acabar con el, e polo outro está a vixilancia permanente da Garda Civil, co seu irmán Marcos á fronte.
-
Capítulo 12: Un na estrada
A situación parece moi crítica fronte ao principal competidor polo monopolio da droga na Sardiñeira, o clan dos colombianos, que ten como líder da banda a Adriana Calderón.
-
Capítulo 11: A do marisco
Bárbara Juve, esposa de Carmelo, por fin decide abandonar a casa familiar e quere levarse a seu fillo Iván. Que fará o xefe do clan máis poderoso de Sardiñeira para evitar a ruptura?
-
Capítulo 10: A confidente
As operacións policiais para deter a descarga da droga non están a saír segundo o previsto. O seguimento do Cartagena, o buque que transporta 3.500 quilos de cocaína, está a ser máis complicado do que esperaban no cuartel da Garda Civil