Á carta
-
Capítulo 25: Débedas herdadas
A investigación sobre o paradoiro de Arturo Campos avanza, xa que por fin aparece o seu coche e a Garda Civil busca nel pegadas que expliquen o sucedido. Mentres tanto, Adriana e os clans da vila proxectan unha nova operación
-
Capítulo 24: Paradoiro descoñecido
Carmelo anda preocupado pola existencia dun traidor no seu grupo e polo secuestro de seu fillo.
-
Capítulo 23: Entre a vida e a morte
Darase a coñecer a magnitude da traizón de Diego Dourado, o home de confianza de Carmelo Matalobos, quen agora está frustrado, por amor e por ambición, e é capaz de pactar con quen sexa necesario con tal de salvar a súa vida e poder obter o que el considera xusto
-
Capítulo 21: Estrañas alianzas
Unha vez resolto o asunto espiñento de Iván Matalobos, o fillo do xefe, Carmelo volve ao seu ritmo de negocios habitual, pero coa súa posición debilitada tras a perda da presidencia do consorcio, o prexudicado principal esta vez será Diego, o seu sicario e brazo executor máis fiel.
-
Capítulo 20: Sen saída
Os Matalobos enfróntanse ao momento máis complicado das súas vidas. Carmelo debe tomar unha decisión: salvar a súa familia ou poñer a salvo o seu negocio.
-
Capítulo 19: Cara adiante
Reza un dito que onde pisan os Matalobos non volve medrar a herba e, para recuperar a orde, puxeron patas arriba a vida de todos os que os envolven, e parece que finalmente o lograron. Porque co avogado Campos fóra da cadea, as ameazas de Sara Campos xa non supoñen un problema para Carmelo. De todos os xeitos é unha mágoa que cando todo parecía ir ben os problemas xurdan dende o máis próximo da familia...
-
Capítulo 18: Saldar contas
As cousas ponse aínda máis difíciles para os Matalobos e en especial para dona Carmen Torreiro, matriarca do clan, de cuxo pasado saberemos moito máis do que ela esperaba.