CRTVG

Buscar

Á carta

  • Capítulo 75: Faltas e culpas

    Capítulo 75: Faltas e culpas

    Lucía comeza a botar de menos a súa nai, que está moi ocupada facendo un curso na Coruña. Por outra parte, Renata e Eusebio viven o tramo final do embarazo con nerviosismo e ilusión.

  • Capítulo 74: Tempos revoltos

    Capítulo 74: Tempos revoltos

    Renata cada día está máis preocupada pola rebeldía da súa filla. O xuízo contra o agresor de Gaila achégase e para ela vai ser moi duro revivir aquela historia.

  • Capítulo 73: O neno ten que ser artista

    Capítulo 73: O neno ten que ser artista

    Unha produtora organiza unha selección de modelos para facer un anuncio na vila e Sofía está convencida de que Marta debe levar a Carliños ás probas.

  • Capítulo 71: Costa abaixo

    Capítulo 71: Costa abaixo

    Mentres Bernardo dubida en se poñerse ou non en contacto con Lucía para a realización dunha reportaxe, todos se centran arredor de Sofía. Elvira ten que regresar a Arxentina e Quique pensa en mercar un piso. Por outra banda, un novo perruqueiro contratado por Cris causará furor entre a clientela. Ademais, Jesús pode ter a solución aos problemas económicos de Lucía.

  • Capítulo 70: Cousas de parella

    Capítulo 70: Cousas de parella

    Marta e Andrés comezan a ter problemas posto que Andrés considera que Sofía se entromete na súa relación. Mentres, Bernardo e Lucía conseguiron encamiñar a súa relación cara unha amizade, feito que non resultará nada doado. Por outro lado, a relación entre Gaila e Quique segue adiante, pero Quique comeza a non comprender por que ela se empeña en mantela en segredo.

  • Capítulo 69: Despois da tormenta

    Capítulo 69: Despois da tormenta

    Lucía e Bernardo, que conseguiron levarse ben trala cancelación do casamento, teñen agora que ocuparse de devolver os agasallos.

  • Capítulo 68: Lúa sen mel

    Capítulo 68: Lúa sen mel

    Despois de que a voda entre Bernardo e Lucía fose cancelada, Marta e Andrés deciden ir vivir xuntos, Renata e Eusebio esperan o nocemento dos xemelgos e Roberto semella ter atopado o amor.

  • Capítulo 67: E foron felices...

    Capítulo 67: E foron felices...

    Todo está preparado para o casamento de Bernardo e Lucía. Tódolos preparativos se fan con ilusión coa esperanza de que a felicidade acompañe ao futuro matrimonio.