CRTVG

Buscar

Estache bo!

Segredo de porco adobado en té negro

30/10/2020 20:15 h

Ingredientes:

1 peza de segredo de porco, Para o adobo: • 1 vaso de te negro infusionado • 1 cullerada de mel • Reladura dunha laranxa • Pementa negra • 1 cullerada de aove • 1 dente de allo moi picado • 1 cullerada de xenxibre fresco picado • 1 cullerada de pirixel picado, Para o acompañamento con verduras: o 1 cebola o 2 patacas o 1 mandioca o 1 dente de allo moi picado o 1⁄2 culleriñas de azafrán o 1 culler de perexil fresco picado o 1⁄2 vaso de té o Aove o Sal e pementa

Preparación:

Adobamos o segredo de porco co aceite, a pementa, o allo, o xenxibre, o perexil, a reladura de laranxa, o mel e a infusión de té. Nunha tixola rustrimos a cebola, as patacas e a mandioca cocida cun dente de allo, perexil, azafrán, sal e pementa. Cando todo estea rustrido, engadimos tres culleradas de té negro. Deixamos cocer un minuto e reservamos. Noutra tixola marcamos o segredo, engadimos tres ou catro culleradas do adobo e cociñamos ata o punto de cada quen. Empratamos e listo para comer...!!!

Hoxe, Rafa Durán, visitará a empresa de Orballo, en Paderne, onde falará con Gerardo Lagares, director, quen nos mostrará as cualidades de diversas plantas aromáticas, entre elas o té, o noso producto estrela.

Atopar capítulo por: