CRTVG

Buscar

Estache bo!

Pastel de cabaza e cacao

28/10/2020 20:15 h

Ingredientes:

1/2 quilo de cabaza, 60 grs. de cacao negro en po, 100 grs. de azucre moreno, 5 ovos. Para a cobertura de marmelo de cabaza: 1/2 quilo de cabaza, 150 grs. de azucre branco, zume 1 laranxa, reladura de laranxa, canela en po. Para o empratado: azucre en po, cacao e follas de menta fresca.

Elaboración:

Cortamos a metade da cabaza e enfornámola a 160º ata que quede ben brandiña. Nun cazo, cocemos a outra metade da cabaza en zume dunha laranxa co azucre e a canela, ata conseguir a textura de marmelo. Machucamos a cabaza enfornada e mesturámola co azucre moreno, co cacao en po, e os 5 ovos. Metemos todo de novo no forno a 180º durante 30 minutos aproximadamente. Montamos o pastel co marmelo , empratamos e listo para comer…!!!

Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará a Lucía Gómez, a cal nos ensinará os seus cultivos na Granxa Rebulidoiro, no concello de Santa Cristina de Vea, Pontevedra e nos dará unha proba do produto de hoxe: a cabaza.

Atopar capítulo por: