CRTVG

Buscar

Estache bo!

Tixola de chocos con cogomelos

31/07/2020 11:00 h

Ingredientes:

2 chocos, 300 gramos de cogomelos, 2 dentes de allo, 2 tomates relados, 1 cunca de arroz, 1/2 vaso de viño branco, 1 cullerada de ceboliño, 1 cullerada de curry, aceite de oliva, pementa e sal.

Elaboración:

Cocemos unha cunca de arroz cun dente de allo. Salteamos os chocos e os cogomelos cos allos. Reservamos e desglasamos co viño e o tomate. Deixamos reducir e engadimos o ceboliño, o curry e o arroz. Mesturamos, incorporamos os chocos e os cogomelos. Remexemos e listo para comer!

Atopar capítulo por: