CRTVG

Buscar

Estache bo!

Ensalada de patacas e garavanzos

21/02/2020 11:30 h

Ingredientes:

3 patacas, 100 gramos de feixón verde, 200 gramos de garavanzos, 1 cenoria, media cebola, 1/4 pemento vermello, 1/4 pemento verde, 2 ovos duros, pemento doce, coandro, comiño, perexil, aceite de oliva virxe extra, vinagre de xerez e sal.

Elaboración:

Nunha pota con auga salgada poñemos a cocer as patacas, e os feixóns verdes, picamos e reservamos nun cazo cocemos os ovos, pelámolos e reservámolos nun cunco mesturamos os garavanzos cocidos, a cenoria relada, os pementos a cebola e os ovos picados, as patacas e os feixóns facemos a vinagreta mesturando o aceite, o vinagre, o coandro, o pirixel, o pemento doce, o sal e unha xema dos ovos cocida. Aliñamos a ensalada…. E listo para comer…!!!

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: