CRTVG

Buscar

Estache bo!

Fideos con xurelo

20/02/2020 11:30 h

Ingredientes:

1/2 quilo de xardas, 250 gramos de fideos, 1 cebola, 3 tomates maduros, 2 dentes de allo, 1 cunca de chícharos, 1 folla de loureiro, 1/2 litro de caldo de peixe, 1 culleriña de azafrán, sal, pementa, aceite de oliva e perixel.

Elaboración:

Nunha tarteira poñemos o fondo de aceite de oliva e rustrimos a cebola, os allos, e finalmente o tomate. Cociñamos uns 20 minutos, engadimos os fideos e o caldo de peixe co azafrán, o loureiro e os chícharos. Salpementamos e deixamos cocer uns 5 minutos. Incorporamos os lombos da xarda e deixamos 5 minutos máis….empratamos e listo para comer.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: