CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Especial Carlos Casares

17/05/2017 21:00 h

“ZigZag Diario” está hoxe integramente dedicado a Carlos Casares, homenaxeado no Día das Letras Galegas. Con motivo desta celebración, o programa recibe no estudio a un dos fillos do escritor ourensán, Christian Casares. Falará dunha das figuras máis emblemáticas das letras galegas, un home que foi membro da Real Academia Galega, director da Editorial Galaxia e presidente do Consello da Cultura Galega, e que se converteu en voz imprescindible na Galicia do último terzo do século XX.
Christian Casares, licenciado en Filoloxía Inglesa, é membro vitalicio do padroado da Fundación Carlos Casares, que recolle o legado do seu pai, home intensa e polifacético cunha prolífica obra literaria, con case unha trintena de obras publicadas entre narrativa, literatura infantil e traballos periodísticos e de ensaio.

Atopar capítulo por: