CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Entrevista a Elena Gallego / Elena Poniatowska, Premio Cervantes / "O xogo de Ender"

21/04/2014 21:00 h

O programa “ZigZag Diario” recibirá este luns a visita da escritora Elena Gallego, que fai unha paréntese na saga “Dragal” cun novo xénero e unha nova trama de intriga, en forma de novela negra. A autora presentaralles aos espectadores a trepidante obra “Sete caveiras”, que fía unha serie de asasinatos en escenarios reais con sinalados acontecementos dos anos 80. Esta novela, tamén homenaxe de Gallego á profesión xornalística, tece unha engaiolante trama de intriga con banda sonora da Movida.

Outra Elena, neste caso de apelido Poniatowska, tamén será protagonista hoxe en “ZigZag Diario”, que falará da relación con Galicia da escritora, xornalista e ensaísta mexicana, que o vindeiro 23 de abril, Día do Libro, recibirá o Premio Cervantes, o máximo galardón das letras en español. O programa lembrará a distinción que hai uns anos lle concedeu a Asociación de Escritores en Lingua Galega como Escritora Galega Universal e achegarase ás obras súas publicadas polas editoriais Galaxia e Trifolium.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: