CRTVG

Buscar

Luar

El Consorcio, Xurxo Fernandes e Pedro Lamas, Dani Ríos e Cirque Belui

29/06/2018 22:00 h

El Consorcio volve a Luar para interpretar algúns dos seus éxitos máis aplaudidos.
Dous grandes da música tradicional, Xurxo Fernandes, integrante de Radio Cos e investigador etnográfico, e o músico Pedro Lamas, amosan sobre o escenario o proxecto de colaboración musical que desenvolven xuntos. 
Coñecemos o cantante e produtor artístico Alfredo Garrido, quen entre as súas variadas calidades vogais cedeulle a súa voz nos anos setenta á dobraxe do popular personaxe de debuxos animados Mazinger Z, ademais de adaptar a música desta serie, entre outras moitas infantís desa época. 
Dani Ríos, intérprete ben coñecido polos espectadores grazas ao seu paso polo concurso de promesas da canción “Son de Estrelas”, volve a Luar para interpretar o tema “Mira os meus ollos”.
Os sons da terra son protagonistas coas actuacións do Coro Cantigas e Agarimos, de Cantarillegas do Castromao, de Nove Ferreñas e Charanga Vai de Roda e da orquestra Nova Imperial. A música mexicana está representada na intervención de Juancho Ruíz, el Charro. Coa actuación circense de Cirque Belui complétase a variada oferta de contidos deste “Luar”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: