Casamos!
Andrea e Rubén
16/02/2021 22:30 h
Os ximnasios son lugares para facer deporte…pero quen di que non pode xurdir aí unha historia de amor. Que llo pregunten aos protagonistas do programa de hoxe Andrea e Rubén. Os dous deportistas, acudían ó mesmo ximnasio. Non houbo frechazo pero sí unha boa amizade dende o primeiro minuto. O entendemento era tan bo entre a parella que ao cabo duns meses naceu o amor.