CRTVG

Buscar

Carteleira G

Agallas

25/03/2020 16:30 h

Sebas é un delincuente de pouca monta que saíu recentemente de prisión e que decide buscar emprego nunha pequena empresa de Galicia, non por vocación senón porque algo lle di que o dono da empresa, Regueira, está involucrado en negocios turbios, e Sebastián desexa sacar proveito. Regueira comproba moi rapidamente que o mozo de dentes esportelados ten agallas e decide convertelo no seu axudante. Pouco a pouco, Sebas cambia de aspecto, consegue roupa nova, dentes novos e, sobre todo, a confianza do seu xefe. Parece estar chegando ao cume, pero Sebastián, tan listo como desapiadado, ignora que forma parte dun xogo que o supera.

Atopar capítulo por: