CRTVG

Buscar

No mellor da vida

Carlos Bremón e Lily

07/04/2016 23:55 h

Na edición deste xoves, o programa visitará o Pantin Classic, en Valdoviño, un dos campionatos galegos de surf máis importantes. Alí, os espectadores coñecerán a Carlos Bremón. Xunto con el e as súas fillas, Capelán irá a Doniños coller unhas ondas, xa que Carlos é toda unha institución no mundo do surf e foi un dos pioneiros en practicalo en Galicia.
O espazo da Televisión de Galicia tamén viaxará hoxe a Fisterra para coñecer a Lily, unha pintora de gran sensibilidade e tía do célebre Anxo Pérez, que conseguiu aprenderlle a Pablo Motos a falar chinés en oito semanas. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: