CRTVG

Buscar

Terra de Miranda

Capítulo 89: A hora da verdade

26/06/2014 11:00 h

Amador compórtase de xeito estraño, deixa a igrexa e o xadrez nun segundo plano e acode misteriosamente a Lugo a facer ninguén sabe o qué. Alfonso e Mucha están moi preocupados e pensan nunha crise vocacional ou na falta dunha muller.

Manuel, irmán de Silvino preséntase de sorpresa no seu domicilio, e tendo en conta o que lle fixo a última vez, o matachín non está disposto a que se lle apropie da casa. Manuel acaba na pensión de Mucha e descúbrese que está arruinado.

Suso obsesionado pola cría de vacas do país, intenta convencer a tódolos gandeiros que invistan nelas. Cando Lois se decide a invertir, descobre que Suso lle ocultara información, na Pastoriza malográranse crías de vacas do país. Suso comenta o feito, e os gandeiros comenzan a desconfiar de Suso non só como asesor senón como xerente da Cooperativa.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: