CRTVG

Buscar

Terra de Miranda

Capítulo 137: Bóla de neve

04/09/2014 11:00 h

Os veciños de Miranda seguen a sufrir a causa do seu equipo de fútbol, o Mirandés, pois agora o grupo de seguidores culpa ao árbitro de non ver as faltas do seu eterno rival, o Pastoriza; incluso Silvino, o máis irado de todos, vai ter problemas coa xustiza pola súa actitude violenta...

Doutro lado, Alfonso e Mucha seguen enfadados porque ela considera que o marido non lle presta a atención suficiente... así que decide abandonar o fogar conxugal e trasladarse á casa de María, mentres que Alfonso comeza a refuxiarse no alcol...

Noutra escena, Jessica e o pai chegan de visita para sorpresa de Mucha, e tanto ela como Alfonso tratan de disimular as súas diferenzas ante a rapaza, que se vai decatar de todo e vai tratar de reconciliar aos seus tíos...

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: