CRTVG

Buscar

Luci

Capítulo 13: Anxos con coliflor

20/07/2014 22:00 h

Luci non é das que se deprimen no Nadal, senón das que lle parece o momento máis entrañable do ano. Pero iso era ata agora porque afronta o seu primeiro Nadal sen Berto e non o leva nada ben.

Facendo de tripas corazón, Luci ponse a preparar o belén con Hadrián. Entre os adornos e figuriñas, atopa un anxo que leva moitos anos na familia, desde que ela era pequena, e ao cal lle ten un especial cariño. Pero a Hadri cáelle ao chan e rompe en varios anacos. O rapaz sae na busca doutro igual, pero non o atopa, así que merca un calquera, que nin se parece, e pono no lugar do vello. Cando Luci o descobre, a discusión é totalmente desproporcionada e Hadri decide marchar con Berto a pasar a Noiteboa.

Luci aguanta como pode o desgusto, xa que axiña chegan a súa irmá e a súa nai para pasaren estes días na casa. Aínda que se queren tanto como para falar cada día por teléfono, Luci e Sole chocan bastante en persoa, como dúas típicas irmás, e Soledad goza do espectáculo que ofrecen coas súas discusións.

Atopar capítulo por: