CRTVG

Buscar

Luci

Capítulo 11: Unha verdade incómoda

06/07/2014 22:00 h

Unha tarde recollendo no traballo, Cosme confésalle a Luci que está enganando a súa muller: ten unha amante desde hai xa dez meses. Ela queda totalmente escandalizada e recoméndalle que arranxe a situación.

Ao día seguinte, Cosme está incómodo con Luci, xa que esta sabe o seu gran segredo. Luci só atopa unha solución: compartir con el un segredo igual de importante. Así que, para estar á súa altura, inventa que é ludópata.

Así, cada un co seu problema, chega a cea polo 25 aniversario de Cosme na empresa, coa presenza de Marina, a súa muller, que días atrás lle preguntara a Luci se Cosme non estaría con outra porque o notaba especialmente raro. Luci ocultou o que sabía, pero cando marcha, Marina malinterpreta un xesto cariñoso de Cosme cara a ela e comeza a pensar que é a amante.

 

Atopar capítulo por: