CRTVG

Buscar

O Nordés

Capítulo 11: Puido ser bonito, moi bonito

16/05/2013

Paulo recuperase das súas feridas. No Nordés todos están preocupados por el. Canso de todo e da súa persecución a Urbano, decide marchar uns días a un balneario con Berta, pero unha chamada vai facer que mude de opinión.

Ao mesmo tempo Urbano xa é oficialmente un dos donos do Nordés. Pídelle a Amelia que o xornal fale dun gran proxecto urbanístico do que el é o promotor. Amelia quere que o xornal o apoie, pero vai ter en contra a case todos os xornalistas, agás Hermida, a favor do proxecto.

Mentres Mateo ten unha gran oferta de traballo, o feito de que Urbano sexa agora un dos propietarios do Nordés e que Amelia queira que falen do proxecto urbanístico de Urbano fai que pareza que teña decidido marcharse. Mateo vaille propor a Eva que marche con el, pero ela ten outros planes.

Afonso Pernas, un dos mellores e máis coñecidos cantantes de opera, vai actuar en Vigo, Afonso é un divo, nunca concede entrevistas, Olga intenta conseguir unha, pero semella imposible. Esteiro di que el e Afonso Pernas son amigos, Olga non o cre. Van falar con el e resulta que Esteiro tiña razón. Entre Olga e Afonso Pernas hai moita complicidade, el invítaa para despois do seu concerto.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: