CRTVG

Buscar

Momentos G

Buscan persoas con máis de 50 anos, sen traballo e con afán de aprender

08/12/2019 13:01 h

A curiosidade, a ansia por ter máis coñecementos, non entende de idades. Esa é a filosofía que inspira a Universidade Sénior da Coruña para maiores de 50 anos. Conta xa con mil alumnos e en todos os cursos hai lista de espera para entrar. Isto demostra o éxito dunha universidade onde non hai exames nin avaliacións, senón, unicamente, ganas de aprender.

Para entrar nas clases da Universidade Sénior da Coruña só fan falta tres requisitos: ser maior de 50 anos, non ter unha actividade laboral remunerada e o máis importante, ganas de seguir aprendendo, teña un estudos anteriores ou non.

Os estudos da Sénior consisten en catro cursos cunha duración de oito meses, pero as clases son de 3 ou 4 horas á semana e as materias van dende arte e filosofía, ata química.

E para os profesores tamén é unha experiencia moi positiva cambiar o tipo de alumnado.

Nesta universidade apréndense coñecementos si, pero non menos importante é o contacto cos outros.

Son moitos os alumnos que tanto gozaron dos estudos que non queren abandonar a universidade, así que se organizan conferencias, seminarios e mesmo se estuda a posta e marcha dun posgrao. Todo un éxito para unha institución que iniciaba a súa andaina en 1992 e que xa conta con algo máis de mil alumnos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: