CRTVG

Buscar

Alalá

BellónMaceiras

25/05/2011 22:05 h

Para definir a Dani Bellón e Diego Maceiras podemos tirar de tópico verdadeiro: son novos, aínda que sobradamente preparados: Con 26 anos xa viaxaron por medio mundo; teñen dous discos no mercado; boas carreiras musicais e ata a súa propia academia de música en Fene.

Dani Bellón é o gaiteiro máis premiado da historia de Galicia. Dende que era un neno gañou 35 premios como gaiteiro intérprete e compositor, entre os que destaca o premio McAllan que gañou no Festival Intercéltico de Lorient en Francia. Diego Maceiras, ademáis de facer carreira no Conservatorio de Oviedo, leva co acordeón enriba dende os 11 e formándose cos mellores acordeonistas de Galicia.

Os dous eran de Fene e amigos dende pequenos. Xuntos, Diego e Dani forman ''BellónMaceiras'', un grupo ledo e inquedo que traspasa as fronteiras galegas para tocar por todo o mundo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: