CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Sole Giménez

01/06/2019 22:00 h

Índice de contidos

01:13 Baile con Alfredo e Andrea
06:03 Con Sole Giménez
08:10 Orquestra La Fórmula: «Nadie nos va a parar»
13:10 «Agora ou nunca»: Azucena González canta «Zombie» e José Luís Barrán, «Melina»
28:25 Sole Giménez: «El talismán»
35:13 «Sobes ou baixas?» con Sole Giménez
49:38 Los Canallas: «Canciones de los 60»
01:08:10 Baile de Alfredo e Andrea
01:12:37 Orquestra La Fórmula: «Adicto»
01:16:51 Con Sole Giménez
01:32:55 Sole Giménez: «La flor de la canela»
01:36:16 «A ITV do amor»
02:18:00 Sole Giménez: «Amores»

Bamboleo contará este sábado cunha convidada de excepción, Sole Giménez, e ofrecerá unha noite chea de música, baile e humor. Tras máis de vinte anos de carreira musical con Presuntos Implicados, Sole leva xa unha década triunfando en solitario. Este sábado presentará o seu último disco, “Mujeres en la música”; unha reivindicación do papel da muller como creadora no eido artístico e musical. Uns auténticos campións mundiais de bachata, Alfredo e Andrea, realizarán unha abraiante exhibición con movementos acrobáticos no “Dirtidansi”, mentres que Azucena González e José Luis Barrán participarán no “Agora ou nunca” interpretando “Zombie” de Cranberries e “Melina” de Camilo Sesto, respectivamente. O trío de roqueiros coruñeses, “Los Canallas”, serán os encargados de poñer un toque de garaxe e sabor sesenteiro co seu tema, “Canciones de los 60”. A orquestra “La Fórmula” chega totalmente renovada e presenta o seu novo espectáculo co que levantará dos asentos o público presente. Non faltarán as seccións concurso, como “A Jrileira”; nelas as comisións de festas de Soutelo de Montes de Forcarei e Santa Marta da Laxe, de Vilargarcía, competirán contra a máquina a ritmo de “Niña Bonita” de Chino y Nacho. E, por último, coa “ITV do Amor” chegará a sección máis sexy do programa, na que Diego e a súa moza farán todo o posible por levar un premio moi apetecible.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: