CRTVG

Buscar

Galegos

Baldomero Pestana

26/04/2014 20:30 h

 O fotógrafo e pintor Baldomero Pestana só lembra da súa nenez, nunha aldea de Castroverde, que choraba moito e que lle pegaban.

 En 1922, con catro anos, saíu rumbo á Arxentina, onde o agardaba a súa nai. Foi aprendiz de xastre e xastre reputado, pero fixo un curso de fotografía na Universidade de Bos Aires e iso cambioulle a vida. Como fotógrafo, traballou para grandes axencias internacionais e retratou premios Nobel como Borges, García Márquez ou Vargas Llosa.

 Despois de vivir dez anos en Lima, quixo ver de preto o maio do 68 en París e alí comezou a debuxar cun estilo hiperrealista no que é un mestre. Para pechar o círculo da súa vida, volveu ao punto de partida cargado de fotografías e debuxos coa bondade humilde dos sabios. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: