CRTVG

Buscar

Momentos G

As redes sociais e o ciberacoso

01/10/2019 14:38 h

Falamos coa avogada Ana Camiño do acoso a través das redes sociais, que ten moitas variantes, pero unha das máis estendidas é a difusión de vídeos sen o consentimento de quen os protagoniza.

Un dos puntos en que cada vez se detectan máis casos de ciberacoso son os centros educativos. 
Alí atopamos unha tendencia que se coñece como o happy slapping, que non é outra cousa que gravar agresións físicas algún compañeiro para despois difundilo nas redes.

Pero este ciberacoso non se dá só entre menores, tamén entre adultos. Por exemplo o que se coñece como sexting que consiste en gravar ou difundir imaxes ou vídeos sexuais sen o consentimento da outra persoa.

Neste caso os que as difundan enfróntanse a penas de prisión.
E non hai que esquecer que aínda que non sexamos os autores das imaxes, se nos chegan e as difundimos tamén podemos estar a cometer un delito.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: