CRTVG

Buscar

A Revista

A Revista

01/05/2019 12:10 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' deste 1 de maio dedicando o programa a todos os compañeiros que fan posible que todos os días esteamos con vostedes en directo
00:26 Último día das festas das Quendas de Mondoñedo. Alí estivemos en directo
03:04 Romaría dos nosos fariñeiros, burros e muíños en Tui, tamén en directo
07:37 No estudio falaremos de 'As luces', nova proposta da TVG na madrugada dos luns. Falaremos de moda sostible co colectivo Fento e daremos pautas para cando a cativada non cumpre as normas
08:50 Novas da actualidade galega. Buscan un home desaparecido no Carballiño. Abandounou a UCI a muller agredida cunha barra de ferro na cabeza. Maña fai catro anos da morte violenta de Socorro Pérez
10:06 Lembramos as muiñadas. En Tui poñen a funcionar os vellos muíños
14:14 'As luces', nova proposta da TVG para a madrugada dos luns. Acompañounos o seu presentador, Xosé Carlos Caneiro
24:17 Natalia Penas tenta facer trato cos gandeiros nas Quendas de Mondoñedo
31:31 Compartimos cos compañeiros do 'Galicia por diante' os traballos máis raros de Galicia
34:50 Tempo para 'O agro' en 'A revista'
41:31 Ruta internacional de motos antigas por Padrón, O Barbanza e a ría de Noia e Muros. Con eles estivo Carmiña Blanco
45:42 Demetrio Morenza andou por Tui para darnos a receita das papas de millo
51:15 Dámoslles imaxes en directo da praza do Obradoiro. Comeza a ateigarse de peregrinos
52:35 O colectivo Fento defende e busca a moda sostible: roupa con materiais orgánicos e reciclada
01:02:17 Coñecemos a raza cachena e a galiña de Mos na festa das Quendas de Mondoñedo
01:07:09 As consecuencias cando non se cumpren as normas tróuxonolas Libertad Culebras
01:16:24 Na Pontenova celebran a Festa da Troita, declarada de interese turístico. Concurso de pescadores por parte do río Eo
01:19:52 Abrimos de novo ventá co Obradoiro para comprobar como se vai enchendo de peregrinos e turistas
01:21:44 Diego Viaño adiántanos a previsión do tempo para as vindeiras horas
01:24:40 Despedimos 'A revista' deste mércores 1 de maio
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: