CRTVG

Buscar

Panorámica

Retos do comercio local: o pequeno comercio, fronte ao en liña

12/01/2019 - 14:15 h

O comercio local, de proximidade, pasa por un momento crítico, é a idea da que parte a seguinte reportaxe que asinan Kike Magdalena e Iván Nogueira. Nela, dísenos que entre as adversidades que padece, afloran os cambios nos hábitos de compra e a irrupción descomunal do comercio en liña, a través de Internet, o que está desembocando no peche de numerosos negocios.

O desenlace desta situación aínda se descoñece, pero neste traballo achégasenos unha visión actual da panorámica comercial e as súas posibles solucións.

No seguinte traballo poderemos escoitar o presidente da Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA), Javier Pérez; a Rubén Bastón, director de Marketing4Ecommerce; compradores, comerciantes, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e o sociólogo Alberto Saco.

Programa de reportaxes presentado por Celia Rúa