Panorámica
O sector TIC en Galicia
Máis de 23.000 persoas traballan nestes momentos no hipersector TIC de Galicia. A actividade relacionada coas tecnoloxías da información e a comunicación representa un 2,2 por cento do produto interior bruto galego e achega unhas exportacións de máis de cen millóns de euros anuais.
E son cifras que van en aumento, porque o hipersector TIC, incluíndo nel os contidos e os servizos audiovisuais, ten unhas perspectivas de futuro inmellorables.
Reflexionamos cos seus protagonistas sobre a situación e os retos do sector TIC en Galicia. Un traballo de Mónica Rebolo.