CRTVG

Buscar

Panorámica

Nutriscore: o novo modelo de etiquetaxe frontal para os alimentos

19/01/2019 - 14:15 h

Hai uns meses a ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social, María Luisa Carcedo, anunciaba a implantación dun novo modelo de etiquetado frontal: o Nutriscore. É unha das iniciativas que se levarán a cabo este ano para previr e loitar contra enfermidades derivadas da alimentación como a obesidade, o sobrepeso ou a diabetes. Os diferentes sectores afectados están analizando os efectos que terá o Nutriscore no mercado e na sociedade e así o recollen Sheyla Bermúdez e Isidro Cea nesta reportaxe na que escoitamos nutricionistas como Rosaura Leis; a María Martínez Herrera responsable de seguridade alimentaria e medio ambiente de ASEDAS (Asociación Española de Distribuidores, Autoservizos e Supermercados); Ricardo Castro, responsable de Seguridade e Medio Ambiente de Vegalsa-Eroski e a Rebeca Sánchez, da Unión de Consumidores de Galicia.

Programa de reportaxes presentado por Celia Rúa