CRTVG

Buscar

Panorámica

Dereitos e garantías dos enfermos terminais: o testamento vital

12/01/2019 - 14:15 h

Galicia é unha das sete comunidades que conta cunha norma que regula os dereitos e garantías dos enfermos terminais. Un deses dereitos é o testamento vital, que, unha vez rexistrado, se incorpora á historia clínica do usuario.

Nesta reportaxe de Celia Díaz e Iván Nogueira, que xa noutra se achegara a este tema, lembramos como grazas á lei galega de 2015, os pais de Andrea, unha nena de doce anos cunha enfermidade terminal, non recibiron ningún castigo penal cando pediron retirar a alimentación artificial que mantiña con vida a súa filla.

Casos coma o de Andrea requiren a asesoría de Comités de Ética Asistencial que funcionan na maioría dos hospitais galegos e nesta reportaxe podemos escoitar profesionais como Silvia Sánchez, asesora a pacientes e facultativos nun comité de ética asistencial en Pontevedra; Andrea Gallego, médica de Atención Primaria en Lugo; Luz Campelo, que dirixe o equipo de Traballo Social no CHUAC, así como Armando García, un dos galegos que ten rexistrado o seu testamento vital.

Programa de reportaxes presentado por Celia Rúa