CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Anquela: "Eu non vou pór excusas coas lesións ou as baixas"

30/08/2019 - 15:25 h

Michele Somma sofre unha escordadura de xeonllo e é seria dúbida para o Rayo Vallecano-Deportivo do domingo. Á espera de posibles fichaxes, o Dépor queda só cun central natural, Lampropoulos, pero Anquela di que as baixas non son excusa. Pide máis fortaleza en defensa e esixe outra actitude no campo. O club, mentres, agarda a facer oficial a saída de Rolan e con iso poder facer un par de incorporacións: xa hai algúns nomes sobre a mesa.

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí