CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Palacio, adestrador do Boiro Voleibol: "Para a Superliga calculamos que o presuposto terá que ser o dobre"

29/05/2020 - 15:43 h

Hoxe coñeceuse a noticia de que Emilio Palacio seguirá a ser adestrador do Boiro Voleibol nunha tempada histórica para o equipo boirense 

Falounos o máximo responsable na cancha sobre como se desenvolveu a decisión final do ascenso: "O final da liga foi controvertido. Algúns dicían que só se debían contar primeira volta, número de partidos, número de sets. Finalmente favoreceunos a decisión final. A min gustaríame xogar o play-off, pero as cousas déronse así. Agora sería inviable".

E sobre a mágoa que lle daba non poder disputar na pista o play-off: "Quedou en mans da Federación decidir o que se facía. A nós favoreceunos e, desgraciadamente, ao Dumbría non, pero foi así. Máis categoría significa máis presuposto. Estamos confiados. Calculamos o dobre, sobre 150.000 €. A mediados de xuño hai que inscribirse".

E sobre o futuro máis inmediato en altas e baixas, dixo: "A nosa idea é incorporar cinco xogadores nesta estrea na primeira división do Boiro Voleibol".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso