CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Miguel Riopa, fotoxornalista: "Se podemos traballar en hospitais, nas rúas... por que non en estadios de fútbol?"

28/05/2020 - 15:33 h

Un dos grandes fotoxornalistas galegos, Miguel Riopa, de France Press, pasou hoxe pola Zona mixta da Radio Galega: "Aquí chocan seguridade no traballo e dereito á información. Pero nós estivemos traballado en hospitais, concentracións, rúas... Desenvolvemos o noso traballo sen problemas. Entón?"

Piden un novo protocolo para as instalacións deportivas ou que se revise o que existe: "O protocolo non nos contempla nos estadios de fútbol. O único que pedimos é diálogo. A seguridade estaría totalmente garantida para xogadores e para nós. Só pedimos acceso a unha parte do estadio, como unha grada ou lugar reservado e coas medidas de seguridade".

Sobre posibles medidas de seguridade, afirmou: "Non nos parece nada complicado tomar medidas dese tipo. E tamén teñen que entender que somos autónomos e cobramos por foto. Arredor de 3.000 fotoxornalistas estamos afectados por esta medida. O CSD debería reconsiderar este tema".

Como pode levarse a cabo? Con toda seguridade. Afirmou Riopa que, ao fin e ao cabo: "Non pedimos estar cos xogadores".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso