CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Isabel Domínguez, xogadora e profesora de pádel: "Estou pensando en sacar unhas oposicións por se isto volve parar"

27/05/2020 - 15:41 h

Estivemos en Zona Mixta con Isabel Domínguez, unha das mellores xogadores de paddel de Galicia

A pontevedresa contounos que:"non puiden xogar partidos dobres aínda, pero mañá ou pasado mañá xa me poderei resarcir, ata o de agora a información sobre se podiamos facelo. Ata o de agora, prácticas no salón. Quedou algunha marca na parede e algún obxecto decorativo caído. Pero sobre todo practiquei o físico. Perdes o punto, pero soprendeume manter aínda a man. O World Paddel Tour de xuño vexo difícil que se xogue algo, pero a ver en xullo"

Falounos da vida no confinamento e como é inmediatamente despois: "Como profesora e autónoma, cobrei a prestación por cese de actividade ata o 1 de maio cando xa puiden empezar con clases individuais. Agora xa empezo con grupos de catro e a semana que vén espero retomar a normalidade. Os alumnos non teñen medo e están con ganas"

E sobre o futuro non é moi optimista: "Os xogadores de paddel que non dan clases aínda o pasan peor: redúcense patrocinios, non se compite... Os rapaces teñen mellores soldos. O paddel xa non é un deporte elitista. Normalidade? Difícil que se recupere, como en todo. Moitos xa nos preocupamos do futuro. Eu, de feito igual penso en preparar unhas oposicións por se isto non pasa"

 

 

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso