CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Diego Viaño, de 'O tempo TVG': "En Vigo é máis complicado xogar ás cinco da tarde"

25/05/2020 - 15:25 h

Diego Viaño, de 'O tempo' da Televisión de Galicia, pasou por Zona mixta.

Falou sobre as declaracións de Javier Tebas: "El ten a lección ben aprendida: o anticiclón vén acompañado de vento do nordés, en Galicia tamén, concretamente neste caso Coruña e Lugo. Pero o vento cando viaxa por Galicia e chega a Vigo fai que a temperatura non sexa a mesma e aumenta. En Vigo é moito máis complicado xogar ás 17 horas que polo norte".

E tamén falou da aclimatación neste momento de volta aos adestramentos: "Os deportistas teñen sorte, porque agora con este tempo caloroso estanse aclimatando ao que os agarda no verán. O rendemento dun futbolista en Vigo con 30º ás 17 horas non vai ser o mesmo que ás 20 horas. A hidratación vai ser fundamental; e fóra cafeína, que deshidrata".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso