CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Falamos en directo con Pablo Graña nada máis proclamarse campión do mundo

23/08/2019 - 15:36 h

Pasaran só 15 minutos dende a vitoria e case non lle saían as palabras. O galego Pablo Graña, co seu compañeiro Alberto Pedrero, conseguiu o primeiro título para España nos mundiais de piragüismo que se están a disputar en Hungría. Ouro no C2 200, por só 12 centésimas. Tan axustada foi a final que non o puideron celebrar ata que llelo confirmaron.

Feliz, moi feliz, o do Náutico Rodeira contounos que sairon a tope e que o final se lles fixo duro: foron só 200 metros, 36 segundos, pero valen un mundo. 

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí