CRTVG

Buscar

Zona Mixta

O Guadalaxara pide que se anule o gol contado de máis na vitoria do Cangas; Javi Díaz: "Non sería xusto quitar un gol, como moito habería que repetir o partido"

17/02/2020 - 15:39 h

@JaviDiaz75 parou un penalti que deu a vitoria ao @BalonmanCangas diante do Guadalaxara, ao que non lle contaron un gol. Guión de cine no Gatañal

  • Chicho Moldes: "Eu decateime do erro de non contabilizar os goles, pero houbo un tempo morto e unha lesión cunha parada de dous minutos. O curioso é que o Guadalaxara non se decata a pesar da igualdade do marcador todo o partido. Sorprendente".
  • @Javidiaz75: "Cando vin o marcador pensei que era da miña idade, que xa teño 44 anos. Semella que foi un erro da mesa. Logo vén a xogada do penalti que puiden parar".
  • Moldes: "No 96 pasou o mesmo, cos mesmos protagonistas e daquela favoreceu o Guadalaxara. Desaparecera a cinta".
  • @Javidiaz75: "Xa no vestiario comentamos o do gol que non se sumara, pero ninguén tiña claro o que pasara. Hombrados foi o que se decatou. Eu creo que se debería xogar o partido enteiro. Nos últimos minutos xógase co marcador, non sería xusto quitar un gol só".
  • @Javidiaz75: "Sería moi raro que o Comité de Competición acabe dando o empate".
  • Chicho Moldes: "En tal caso deberían xogarse os oito minutos finais. Semella que o responsable da mesa presentou a súa dimisión".
  • @Javidiaz75: "Non tiña estudado o xogador cubano que tirou a falta, foi cousa dunha decisión en décimas de segundo. Eu creo que se se repite o partido gañámolo igual".
  • Moldes: "Ao @balonmancangas pasáronlle cousas raras nos últimos tempos, fóra tamén deses famosos apagamentos".
  • @Javidiaz75: "Estamos no descenso, pero a vitoria metía a Guadalaxara no pozo con nós. Estamos practicamente a metade dos equipos metidos aí abaixo no descenso. Eu espero que o resultado quede así como acabou"
  • Chicho Moldes: "Competición decide o mércores, pero aínda está a tempo @CarlosJimenezd de pasar por documentación da casa e facer 'desaparecer esa cinta".
Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí