Zona Mixta
A volta ao mundo de Sara Álvarez para conseguir praza olímpica, de Lugo a Uzbekistán, Abu Dabi, Australia e O Xapón: "É un caos"
A judoka de Lugo regresou á alta competición despois de cinco anos retirada da elite: "É dos mellores momentos da miña carreira. Agora esfórzome máis".
A atleta pretende entrar directa para competir en Toquio e acumular puntos para deixar un posto para outra atleta por España
Sara: "Estamos facendo unha xira e non contaba con chegar ata Xapón. Aproveito para facer turismo e coñecer esta cultura. Pero o importante é prepararme conseguindo puntos para clasificar para os Paralímpicos de Toquio de xeito directo e deixar outro posto para España".
Sara: "Estoume atopando moi ben, cada vez teño máis ritmo de competición. Estou no mellor momento da miña carreira deportiva como judoka. Tamén é a vez que mellor posicionada estiven e espero estar en Toquio en nove meses".
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí