CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Genís, o terceiro García Junyent, falounos dos seus irmáns para o banco: "O Celta é un pouco o estilo de fútbol que ten meu irmán Óscar"

12/11/2019 - 15:02 h

Falamos con Genís García, o que coñece mellor os dous irmáns que agora dirixen o R. C. Celta, Óscar e Roger. E debullounos o perfil dos dous:

"Pasabamos mañás, tardes e case noites xogando cunha mini portería.  Ata que un día desapareceu Roger. Foi para o Mercantil, logo xa fomos nós. Acabamos os 3 asinando polo Barça. Óscar era o dos goles, Roger era o fino e eu, como os malos, de defensa".

"Só coincidimos un partido os tres no campo, nunha final da Copa Catalunya. De adestrador estaba Bobby Robson e de segundo estaba Mourinho. O fútbol eu téñoo aparcado, agás o Campus García Junyent para rapaces. Eu son profesor de cativos de 8 a 12 anos en Sabadell".

"Capó é o vencello entre o meu Sabadell e o R. C. Celta. Era un porteiro baixiño que sacaba a bote pronto. Non me esquecín del".

"Tanto Óscar como Roger están encantados en Vigo, co Club, cos xogadores, coa afección, cos medios. Óscar tiña a idea de formarse fóra de España e o R. C. Celta sempre tivo a intención de contratalo. Nas conversas entre os tres sempre saía del o desexo de ir adestrar a Vigo".

"Óscar nunca quixo estar onde non estaba cómodo. Quere traballar con tranquilidade. Se ve que non pode solucionar as cousas, el prefire pactar unha saída amigable. Por iso asinou tamén só por unha tempada. Se o RC Celta está contento con el, seguirá".

"Como irmán, eu diríache que non sei se quererían adestrar o Barça. Se lle preguntas o meu pai seguro, seguro que che di que non quere coller ese transatlántico. O día a día alí faise moi difícil".

"Óscar e Roger buscan a tranquilidade, que non se debe confundir coa comodidade. Iso no Barça é un imposible".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí