CRTVG

Buscar

Zona Mixta

O play off da 3ª xogarase en Balaídos. Nilo Ramos, presidente do C. D. Barco: "É un premio para os catro equipos"

08/06/2020 - 15:24 h

Xa se coñece a sede das eliminatorias de ascenso á 2ª B: Balaídos. E tamén as datas: o 18 de xullo xógase a semifinal entre S. D. Compostela e C. D. Barco, e o 19 de xullo, o Ourense C. F. contra o Arousa. A final será o sábado día 25 de xullo.

Pasou polos micros da Radio Galega en Zona mixta o presidente do Centro de Deportes Barco, Nilo Ramos, que falou de premio estar xa na fase: "É un premio poder xogar o play-off, ademais nun campo como Balaídos. Por que non soñar? Imos deixalo todo no campo aínda que está moi difícil. Queda un mes e somos os últimos en incorporarnos aos adestramentos".

Falounos de como se reincorporan os xogadores: "Contamos con todos os xogadores, só temos a Pisón sancionado e a ver se hai unha medida de graza pola Federación. Ten cinco cartóns e esperamos que sexan permisivos ó ser unha excepción, este play-off, sería o máis xusto. Iso si, non temos xogadores de baixa por fin de contrato".

Sobre as medidas a tomar pola pandemia, matizou: "A Federación aínda non nos falou de temas de concentracións. Non ten moita lóxica estar concentrados o día antes e a semana anterior estar no traballo dun".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso