CRTVG

Buscar

Zona Mixta

A presidenta do Racing: "Non iamos renunciar a Athenea sen máis"

07/08/2019 - 15:31 h

A Federación Española de Fútbol suspende a inscrición da internacional Athenea del Castillo como xogadora do Deportivo da Coruña. A presidenta do seu club de orixe, o Racing Féminas, cóntanos que no seu día estiveron negociando unha posible cesión, pero di que o Dépor fichou a xogadora sen chegar a un acordo e que eles queren facer valer os seus dereitos de formación.

"Non pode ser que un club che leve xogadoras sen máis", sentencia.

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí