CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Vázquez: "O partido é un paripé, evidentemente, pero nós ímolo tomar en serio"

06/08/2020 - 15:05 h

O Deportivo da Coruña reúne 16 xogadores do primeiro equipo para disputar este venres o partido pendente co Fuenlabrada en Riazor.

O adestrador, Fernando Vázquez, cre que o encontro é un "paripé, montado por outros", aclara, e destaca o compromiso dos seus futbolistas, "que tiveron que mobilizarse en tempo récord estando en sitios distantes".

Vázquez pide unha solución para o problema que se xerou ao suspender o Dépor-Fuenlabrada pero reclama que sexa unha decisión coordinada entre tódolos clubs da Liga, porque as reclamacións, como a do Zaragoza agora, van por separado.

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso