CRTVG

Buscar

Zona Mixta

A futbolista máis habilidosa de España garda os seus trucos para O Marisquiño

06/08/2019 - 15:35 h

O festival O Marisquiño, que se celebra esta semana en Vigo, inclúe por primeira vez no seu programa unha competición de fútbol estilo libre.

Falamos coa campioa de España nesta disciplina, a madrileña Paloma Pujol, unha das mellores especialistas de todo o mundo. Asegura que non era moi boa no fútbol convencional pero que agora, a base de adestramentos, pode gañar a vida con trucos que para a maioría son, sinxelamente, imposibles.

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí