CRTVG

Buscar

Zona Mixta

A Xunta aclara que "é precipitado" autorizar a presenza de público nos estadios na fase 3

04/06/2020 - 15:08 h

A Secretaría Xeral de Deportes da Xunta matiza as informacións que daban por feito que o R. C. Celta tivese permiso para xogar con afeccionados nas gradas de Balaídos.

Nunha resposta que reflectimos no programa Zona mixta dise:

"A día de hoxe aínda non se sabe que comunidades autónomas estarán na fase 3 nin cales serán as competencias que se lles atribúen. E en todo caso, no fútbol profesional debe prevalecer a homoxeneidade para tomar medidas, xa que é unha competición nacional. Entendemos que haberá un posicionamento do Goberno do Estado que fixe as liñas xerais para todo o territorio nacional. Non ten sentido autorizar un partido con público en Galicia, e non en Cataluña ou Andalucía, ou viceversa. A competencia debe salvagardarse por igual en todo o territorio nacional".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso