CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Yeison, árbitro dominicano afectado polo racismo en Galicia: "Nunha vila abrín a ducha para facer ver que estaba dentro e fuxín"

02/06/2020 - 15:33 h

É noticia en todo o mundo: o racismo. Yeison Omar Amancio Rodríguez é un árbitro de orixe dominicana que reside en Lugo hai moito tempo e sofre dos insultos pola súa cor de pel e tamén pola condición de xuiz nos campos de fútbol

Hoxe pasou pola Zona Mixta e contou como vive o racismo un árbitro negro: "Cando vou a pobos pequenos, sen protección das forzas de seguridade pásoo mal ás veces. Pero creo que o racismo aquí foi a menos co tempo. Cheguei pasar medo. Un día en Codesido tiven que abrir a ducha para que pensaran que estaba dentro e fuxín. Eu escoitaba falar á xente e temía polo que dicían. Falaban de agridirme. Ata nin a acta cubrín. Quedou alí".

Sobre se nota o racismo nos campos de fútbol: "Non nos podemos enganar, aos árbitros de cor mírannos doutro xeito. Teste que adaptar. Senón de cada catro partidos, terías que suspender tres. A xente busca provocar aos árbitros, se é con insultos racistas, pois tamén utilizan esa arma".

E tamén tivo unhas palabras para analizar a situación nos EE.UU., onde ten irmáns: "Aquí a policía é moito máis respectuosa. Teño familia en Estados Unidos e alí pásano moi mal. É algo que xa está na sociedade e non me estraña o que está pasando. Aquí a Federación sempre nos advirte que tomemos medidas. Primeiro avisar e advertir, e se non fai efecto, logo chamar ás forzas da orde".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso